Barbadás rende contas ante a veciñanza explicando o que fai con cada euro que achega ás arcas locais

Xosé Carlos Valcárcel alcalde de Barbadás
Pleno de Barbadás

O Concello de Barbadás achégase á veciñanza nun exercicio de transparencia para compartir e explicar o que fai e en que inviste cada euro que ingresa nas arcas municipais, así como o custe de cada servizo. Cada domicilio de Barbadás recibirá estes días unha carta do alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, acompañada dun folleto no que verá o destino final dos cartos que achega ao Concello a través de impostos directos e indirectos, taxas e prezos públicos, así como a diferenza entre esta contribución e o custe real de cada un dos servizos que presta a institución local.

A contribución media de cada veciño de Barbadás ás arcas municipais non supera o euro ao día (0,96 euros), pero aínda así, o municipio pode presumir de contar cunha das carteiras máis amplas de servizos públicos de toda a provincia. En total, o Concello investirá 4,9 millóns de euros en prestacións, desde as máis básicas, como a iluminación pública ou a recollida de Residuos Sólidos Urbanos (RSU) ata outras tan demandadas como a Axuda no fogar, a Escola Infantil Municipal ou a Escola de Música. 

Cabe destacar o esforzo que realiza o Concello para dar resposta ás necesidades da poboación, xa que a recadación é inferior ao gasto: en 2024, Barbadás ingresou 3,9 millóns de euros a través de taxas e impostos municipais. De feito, o actual goberno local mantén desde a súa chegada, hai xa 10 anos, o compromiso de non incrementar os impostos, que seguen a estar ao mínimo do permitido pola lei. No escrito dirixido á veciñanza, Valcárcel explica o motivo da actualización da taxa do lixo, debido a unha directiva da Unión Europea que obriga a todos os concellos do país a equilibrar os servizos prestados. Aínda así, “en Barbadás implantamos unha fórmula máis xusta, social e sostible”, na que os que máis contaminan, pagan máis. 

O grupo de goberno agarda que a poboación entenda esta campaña de transparencia como un xeito de agradecer a aportación de cada veciño e veciña ás arcas municipais, xa que sen as súas achegas, non sería posible contar coa ampla carteira de servizos públicos de Barbadás. “Non é ningunha milagre, é o esforzo da veciñanza”, resalta o alcalde.

Carta do Alcalde

Carta do alcalde de Barbadás os veciños
Carta do alcalde de Barbadás os veciños

Folleto

Cartos
Cartos
Destino dos cartos de Barbadás
Destino dos cartos de Barbadás

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad