Barbadás volve a demostrar o seu compromiso co desenvolvemento sostible. No pleno ordinario que se celebrará mañá aprobarase a participación do Concello na Área Funcional Ourense Sur e a Axenda Urbana, unha guía metodolóxica que propón un «menú á carta» de posibles accións para que todos os actores, públicos e privados que interveñen nas cidades, e especialmente as Administracións Locais, poidan elaborar os seus propios plans de acción e implementación.
A Axenda Urbana Española é unha política nacional urbana. É un marco estratéxico e non normativo que busca orientar as decisións e as políticas que inciden no territorial e o urbano cunha visión global, integrada e continuada no tempo. É tamén unha política con capacidade de acelerar a implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) en todas aquelas metas que teñen un compoñente territorial e urbano e, en particular, o ODS 11 sobre cidades sustentables, inclusivas, seguras e resilientes.
Cómpre destacar que a Axenda Urbana elabórase para cumprir os compromisos adquiridos por España en varios acordos internacionais :
- A Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable (2015) de Nacións Unidas.
- A Nova Axenda Urbana (2016) de Nacións Unidas.
- A Axenda Urbana para a Unión Europea (2016).
Na Área Urbana Funcional Ourense Sur participan os concellos de Barbadás, Ourense, Pereiro de Aguiar e San Cibrao das Viñas. As diferentes dimensións e liñas de esta formulación estratéxica parten das necesidades detectadas no diagnóstico e das propostas e opinións adquiridas no proceso participativo, no que se levou a cabo un proceso de validación e valoración dos obxectivos e accións principais incluídas no Marco Estratéxico e Plan de Acción da Axenda Urbana da Área Urbana Funcional Ourense Sur.