Barbadás anuncia o inicio da adaptación do Plan de Urbanismo á lei e a súa modificación

Xosé Carlos Valcárcel alcalde de Barbadás
Pleno de Barbadás. Foto: Lucas Xosé

O goberno municipal de Barbadás anunciou hoxe, a través da súa tenente de alcalde, Victoria Morenza, que unha das prioridades a abordar este ano é o inicio dos traballos de posta ao día do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Barbadás, empezando pola adaptación á lei do solo de Galicia e continuando pola súa modificación.

O obxectivo, polo tanto, é dobre: por un lado, dar resposta as actuais necesidades do municipio en materia dos diferentes solo que precisa, así como de vivenda pública e privada, infraestruturas públicas e servizos; e por outro, e previamente,  adaptar a actual normativa á lei do solo en vigor.

Compre lembrar que o actual PXOM data do ano 2002 e que está a piques de cumprir os 23. É coñecido por todos que no momento da súa redación e aprobación foron atendidos intereses que en moitas ocasións nada tiñan que ver co interese xeral, deixando pola contra desatendidas moitas necesidades que xa existían entón e que agora son inaprazables, como por exemplo un novo instituto, un centro de convencións e congresos ou mesmo a reserva de terreos para novas dotacións públicas e a previsión de vivendas protexidas en cantidade suficiente para atender a demanda que existe no concello.

O anuncio do inicio dos traballo para a adaptación, primeiro,  e modificación do PXOM, a continuación, foi realizado durante o debate dunha moción presentada polo Partido Popular na que proponía a creación dun servizo de asesoramento técnico de vivenda en Barbadás, similar ao que existe, segundo puxo de manifesto a voceira popular Chelo Vispo, en concellos como Pereiro de Aguiar e San Cibrao das Viñas.

Morenza amosouse de acordo coa creación do servizo, se ben condicionou a súa posta en marcha á dispoñibilidade orzamentaria. En calquera caso, aproveitou para sinalar que a principal prioridade do goberno local en materia de urbanismo era outra: “á adaptación á legalidade vixente de PXOM e a súa  moficación”.

Así, explicou que “dende o Concello facémonos eco da inquedanza que existe entre diversos colectivos cidadáns e representantes sociais que reclaman unha modificación do PXOM, de maneira que se adecúe á realidade dos tempos que agora vivimos. E así o fará o Concello de Barbadás; ese é o camiño que queremos seguir, unha vez máis, traballando coa e pola veciñanza na adaptación do plan urbanístico para beneficiar aos veciños e veciñas de Barbadás”. 

O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Válcarcel, pola súa banda, precisou que a adaptación á lei do solo e a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal é «unha necesidad urxente para correxir erros e abusos do pasado, nos casos nos que ainda sexa posible, pero sobre todo representa unha oportunidade para que entre todos e todas planifiquemos o Barbadás que queremos construir nun futuro, coa máxima participación de todos os axentes e situándonos todos nun plano de igualdade que repela calquera tipo de presión, proceda de quen proceda».

Pin It on Pinterest

Logo Ourense
Logo Ourense
Xosé Carlos Valcárcel alcalde de Barbadás
Feria de A Valenzá en Barbadás
Curva de la iglesia de Piñor
Compostaje
Xosé Carlos Valcárcel alcalde de Barbadás
Las mejores imágenes de la segunda jornada de la Copa Diputación de Halterofilia en Barbadás
Fotos panorámicas de A Valenzá, en Barbadás
Chiste del curso de manipuladora por Lucas Xose 2024
Ourense punto com gris
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad