As Portas do Xurés abrirán na Semana Santa e no verán dentro do proxecto Gerês-Xurés Máis Sustentável

Porta de Muiños
Porta de Muiños

As Portas do Xurés abrirán as súas portas durante a Semana Santa (do 17 ao 20 de abril de 2025), así como nos meses de verán dos anos 2025 e 2026, dentro do Proxecto Gerês-Xurés Máis Sustentável

O principal obxectivo deste proxecto Gerês-Xurés Máis Sustentável é potenciar o papel da cultura e o turismo sustentable no desenvolvemento económico, na inclusión social e na innovación social na Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (RBTGX).

Así, a Deputación de Ourense informa que o contrato para a apertura das Portas do Xurés e a realización de actividades de dinamización das mesmas, foi adxudicado á asociación Sustinea, que será a encargada da apertura das mesmas durante o ano 2025 e 2026, así da realización de diversas actividades de dinamización.

Esta é unhas das actividades que realizará a Deputación de Ourense  dentro do Proxecto Gerês-Xurés Máis Sustentável, proxecto cofinanciado ao 75% polo programa Interreg VI España-Portugal 2021-2027 (POCTEP) a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Neste proxecto o orzamento da Deputación de Ourense ascende a 435.090 euros, e no que participan as seguintes entidades e administracións públicas galegas e portuguesas: CIM do Alto Minho, Turismo do Porto e Norte de Portugal,  Turismo de Galicia, Associaçao de Desenvolvimento das Regioes do Parque Nacional da Peneda Gerês (ADERE), Associaçao Regional de Desenvolvimento do Alto Lima (ARDAL), Municipio de Arcos de Valdevez, Municipio de Melgaço, Municipio de Montalegre, Municipio de Ponte da Barca, Municipio de Terras do Bouro.

Este proxecto une as administracións públicas con competencias na xestión do territorio da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (RBTGX), no seu aliñeamento cos novos patróns de sustentabilidade, actuando sobre a recuperación e valorización do patrimonio material e inmaterial da RBTGX, mellorando os servizos de atención ós turistas e tornando mais eficiente a monitorización da sustantibilidade do territorio non esquecendo a capacitación dos residentes, sector privado e turistas para o turismo ecolóxico, para a economía circular e o emprendedurismo e para as viaxes responsables.

Centros de interpretación

As Portas do Xurés son seis centros de interpretación encargados de dar a coñecer ós visitantes da Reserva Transfronteiriza da Biosfera Gerês-Xurés (RBTGX) o rico patrimonio natural e cultural da zona. Estes centros de interpretación sitúanse nos seis concellos que forman parte do Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés. Cada unha delas esta dedicada a un determinado fin.

Por exemplo, a Porta de Bande sitúase no centro de Interpretación do xacemento romano Aquis Querquennis en Porto Quintela, no caso da Porta de Calvos de Randín, sitúase en Santiago de Rubiás, estando dedicada a dar a coñecer a historia da república esquecida do Couto Mixto, a Porta de Entrimo está dedicada a dar a coñecer a xeomorfoloxía e a paisaxe do parque, a Porta de Lobios, dedicase dar a coñecer a flora do parque natural, a Porta de Lobeira, ten como obxectivo a dar a coñecer a etnografía e a figura do investigador Xaquín Lorenzo ¨Xocas¨, cuxa figura esta moi ligada a Lobeira, mentres que a Porta de Muíños, situada no complexo turístico-deportivo do Corgo, está enfocada a dar a coñecer os recursos hídricos do parque, así como o megalitismo do val do Salas e da serra do Leboreiro.

As Portas do Xurés permaneceran abertas 5 días á semana, os meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2025, co seguinte horario: de mércores a domingo de 10,00 a 14,00 horas e de 16,00 h. a 20,00 horas.

Os luns e martes as Portas do Xurés permaneceran pechadas.

No caso do ano 2026, as Portas do Xures permanecerán abertas os meses de xuño, xullo e agosto co mesmo horario do ano 2025. Así mesmo, abrirán tamén durante a Semana Santa deste ano.

Neste intre estanse a desenvolver na parte galega da RBTGX outras iniciativas postas en marcha pola Deputación de Ourense como é a da realización de traballos de recuperación, preservación  e valorización do patrimonio cultural inmaterial (de cariz etnográfico) asociados ó entroido na RBTGX, xa en marcha.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad