Aprobado o primeiro convenio colectivo para os bombeiros do Consorcio Provincial de Ourense

Camión de Bomberos
Camión de Bomberos

O Consorcio Provincial de Ourense para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento aprobou hoxe o primeiro convenio colectivo para o persoal operativo dos parques de bombeiros dependentes desta entidade, así como a modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) deste servizo.

Ambos acordos aprobáronse no transcurso das convocatorias da comisión negociadora do convenio e da mesa xeral de negociación do Consorcio, ambas celebradas no Pazo Provincial. Tamén na mesma mañá celebrouse o pleno desta entidade, que ratificou a aprobación do convenio colectivo e maila aprobación inicial da RTP.

O consorcio está integrado pola Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, estando xestionado pola institución provincial.

O convenio colectivo e a RPT serán de aplicación aos 72 bombeiros (18 por centro de traballo) que prestan os seus servizos nos parques do Carballiño-Ribeiro, Valdeorras, Xinzo de Limia e Verín.

Nas convocatorias celebradas esta mañá participaron, segundo a representación establecida, por parte da Deputación de Ourense o deputado Plácido Álvarez (en calidade de presidente do Consorcio e da comisión negociadora e mesa xeral); a vicepresidenta primeira da institución, Marta Nóvoa; e o deputado e José María Lago.

A representación da Xunta estivo encabezada no pleno polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, mentres que o subdirector xeral de Interior e Seguridade, Andrés Iglesias e o xefe do servizo de Emerxencias da xefatura territorial de Ourense, José Olivier, participaron nas tres reunións.

Pola parte dos traballadores, na comisión e na mesa xeral estiveron representados os sindicatos CSIF, CIG, UXT, CC.OO e SIBGAL.

Pin It on Pinterest

Logo Ourense
Logo Ourense
Camión de Bomberos
Cantera de Pizarra
Proxecto Home
Presentación
Luis Menor
Libros para el CHUO
Día del Libro en el AVE
Leiras va de visita a la Ribeira Sacra Xosevich 23
Ourense punto com gris
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad