Alcer Ourense organizou un obradoiro de alternativas ao sal

Taller de Alcer
Taller de Alcer

ALCER Ourense organizou o xoves 9 de maio, dende as 16h00 ás 20h00, un obradoiro de nutrición para persoas con enfermidade renal crónica (ERC) en colaboración co Escola Galega de Saúde (EGSC), a Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) e o CHUO. Para elo contaron coa nutricionista da propia entidade, Ángela Oliveira, que impartiu en taller teórico – práctico de alternativas ao sal.

Son moitos os pacientes que saen das consultas médicas cunha restrición total ou parcial do sal. O control da tensión arterial non só é necesario para os pacientes renais, senón tamén, por exemplo, para os pacientes con enfermidade cardíaca. Cando a recomendación no consumo do sal baixa, a sensación do paciente é de “falta de estímulos” hacia os alimentos, un cociñado máis aburrido, sinxelo e unha dieta patoloxizada para sempre; o que pode resultar por un lado, en pacientes que non comen o suficiente, ou por otro lado, pacientes que disfrutan “o seu final”, descontrolando as súas inxestas e perxudicando a súa condición durante anos.

O obxectivo deste obradoiro foi dar luz verde a moitos alimentos que si se poden consumir, estimular a creatividade na cociña e desfrutar dun momento tanto familiar como dun mesmo.

Na primeira parte do obradoiro explicouse a fisioloxía da cascada hormonal producida en fígado-ril, que aínda que pareza un tema moi específico, os pacientes entenden perfectamente os conceptos xa que tratan dia a dia coa súa enfermidade e os medicamentos correspondentes. Unha das decisións tomadas este ano como obxectivo pola profesional da asociación é dar ferramentas para que non sexan pacientes pasivos e tomen as rendas da súa enfermidade, o que resultará en mellores tomas de decisións na súa rutina diaria como a importante e correcta toma de medicación.

A segunda parte do obradoiro foi unha viaxe de historia e sabor de diferentes salsas e especias onde os asistentes comprobaron a sinxela forma de engadir novos sabores aos seus pratos, esquecendo o sal durante toda a tarde.

A enfermidade renal é unha enfermidade que afecta o funcionamento dos riles e trae consigo moitas dúbidas, entre as que se atopan as nutricionais. O control da tensión arterial é un dos pilares principais na prevención e coidado na enfermidade renal, fomentar hábitos de vida saudables, desfrutar, ser conscientes e tomar as rendas das situacións é fundamental para un bo control e elección dos alimentos. 

ALCER Ourense é unha asociación sen ánimo de lucro, con máis de 40 anos de experiencia na atención das persoas con enfermidade renal crónica na provincia de Ourense, e que conta con servizos como o de información e asesoramento social, grupos de apoio, axudas para compra a persoas con enfermidade renal sen recursos ou consulta nutricional, entre outros.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad