ABANCA e os empresarios de ATAVE en Ourense renovan asúa colaboración cun plan de financiamento integral

ATAVE Abanca

ABANCA e a Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de Ourense (ATAVE) veñen de renovar o seu acordo de colaboración co obxectivo de reforzar o apoio aos empresarios do sector na provincia e paliar así os danos económicos xerados a raíz da crise da Covid-19.

O texto foi rubricado esta mañá en Ourense polo director de zona de ABANCA en Ourense-Centro, Enrique Romero Reinoso, e polo presidente da Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de Ourense (ATAVE), Ricardo José Borrajo.

A través deste acordo, o banco pon a disposición dos talleres asociados un plan de financiamento deseñado para dar resposta de forma integral ás súas necesidades. No texto recóllense unha serie de produtos e servizos que facilitarán os investimentos e o reforzo da competitividade nos proxectos. Deste modo, os empresarios contarán conprodutos deseñados especificamente, como préstamos persoais, hipotearios e de anticipo de subvencións, ou leasing mobiliario e inmobiliario, en todos os casos con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos.

ABANCA ofrece tamén solucións para as necesidades máis inmediatas das empresas para poder adecuarse ás demandas da súa actividade diaria. O colectivo terá tamén á súa disposición outros produtos e servizos como pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais, confirming ou factoring, segundo as súas necesidades. Ademais, faise referencia á liña de financiamento oficial do ICO, que lles facilitará solucións ante a crise sanitaria e económica xerada pola Covid-19.

Os empresarios da provincia poderán aproveitar as vantaxes que lles ofrece o Programa Servizos ABANCA, que permite aforrar no pagamento dos servizos habituais. No documento tamén se detalla a posta a disposición destes profesionais de servizos como a banca electrónica e os TPV físicos e virtuais, estes últimos de grande relevancia nos últimos tempos debido ao aumento do comercio por internet.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad