A Xunta reafirma o seu apoio á Denominación de Orixe Ribeiro

DO Ribeiro
DO Ribeiro

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse esta onte mércores pola tarde en San Caetano cos responsables do Consello Regulador da Denominación de Orixe (DO) Ribeiro, encabezados pola súa presidenta, Concha Iglesias. No encontro, acompañada por José Balseiros, director xeral de Gandaría, e Martín Alemparte, director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, abordouse a situación e perspectivas desta histórica zona vitivinícola.

A reunión centrouse na produción, comercialización e calidade dos viños do Ribeiro, reiterando o compromiso da Xunta para garantir a súa sustentabilidade. Entre as medidas destacadas está a aplicación da Lei de recuperación da terra agraria para recuperar áreas abandonadas mediante polígonos agroforestais. Ademais, tratáronse cuestións como a sanidade vexetal, con especial atención á flavescencia dourada, unha doenza que afecta á vide.

Outro tema central foi a promoción dos viños tintos, ante a tendencia internacional á baixa do consumo, que xera excedentes de produción.

A DO Ribeiro, a máis antiga de Galicia, conta cunha superficie inscrita de 1.185 hectáreas, 1.600 viticultores e 102 industrias, cun valor económico de 26,4 millóns de euros na última campaña.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad