A Xunta Directiva convoca para o 23 de xullo o congreso local extraordinario do Partido Popular de Ourense Cidade

Baltar Partido Popular

A Xunta Directiva do Partido Popular de Ourense, reunida onte pola tarde en sesión telemática baixo a presidencia de Manuel Baltar, convocou para próximo 23 de xullo o congreso local extraordinario dos populares de Ourense Cidade, así como os conclaves de Pereiro de Aguiar e Ribadavia que se celebrarán os días 16 e 22, respectivamente. A reunión incluíu ademais o nomeamento das xestoras de sete agrupacións locais: Castro Caldelas; Celanova; Nogueira de Ramuín; O Irixo; Os Blancos; San Amaro; e Vilariño de Conso.

«Chegou o momento de dar un novo paso cara as municipais do próximo ano», afirmou Manuel Baltar durante a súa intervención no máximo órgano de dirección entre congresos, subliñando así que as convocatorias do mes de xullo son «o resultado dun traballo que non sempre se ve, pero que nos permite manter ao día un coñecemento detallado das necesidades da provincia e de cada un dos seus concellos».

«Imos cumprir co noso compromiso de ter definido neste verán o liderado do partido na cidade», remarcou o presidente provincial, lembrando tamén que «tal e como dixemos, antes de que remate o ano estarán definidos os números uno dos 92 concellos da provincia».

Un traballo de «campaña permanente», advertiu Baltar, «que incorpora un plus de responsabilidade ante o evidente cambio de ciclo político que se aproxima e referendan resultados como os de Andalucía e o aumento de apoio ao Partido Popular».

UNHA COMISIÓN ORGANIZADORA PARA OS TRES CONCLAVES.

As tres convocatorias extraordinarias terán a mesma comisión organizadora, composta por Jorge Pumar como presidente; Carmen Leyte na vicepresidencia; Susana Vázquez como secretaria; e Patricia Torres e Ignacio Campo como vogais.

O congreso local do PP de Ourense Cidade celebrarase no Centro Cultural Marcos Valcárcel a partir das 10.30 horas. O calendario aprobado hoxe nesta convocatoria establece que do 27 de xuño ao 11 de xullo estará aberto o prazo para a presentación de candidaturas á presidencia do PP local, que deberán estar avaladas por un mínimo de dez sinaturas. Os afiliados que desexen participar no congreso terán o mesmo prazo para a súa inscrición. Unha vez proclamadas as precandidaturas, a campaña electoral interna desenvolverase entre os días 13 e 18 de xullo.

Polo que respecta a Ribadavia, os prazos para a presentación de candidaturas, inscrición de afiliados e campaña electoral interna serán os mesmos que no caso do PP de Ourense Cidade. No tocante a Pereiro de Aguiar, a presentación de candidaturas poderá facerse do 24 de xuño ata o 4 de xullo, tamén con dez avais, e a campaña interna celebrarase entre os días 6 e 11 do próximo mes.

NOMEAMENTO DE SETE XESTORAS.

Na Xunta Directiva celebrada onte acordouse ademais o nomeamento de sete xestoras noutras tantas agrupacións locais da provincia. É o caso de Castro Caldelas, que estará presidida por César Enríquez; Celanova, con Pablo Pérez á cabeza; Nogueira de Ramuín con Julio Carlos Temes; O Irixo con Manuel Cerdeira; Os Blancos baixo a presidencia de José Manuel Castro; Fernando Redondo en San Amaro; e Melisa Macía por Vilariño de Conso.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad