A Plataforma “Por unha CRTVG ao Servizo do Pobo” inicia a recollida de sinaturas en apoio a ILP “Liberemos a Galega”

Calle Paseo y Ministerio de Defensa
Rúa do Paseo

A Plataforma «Por unha CRTVG ao Servizo do Pobo» iniciou hoxe, martes 22 de outubro, a recollida de sinaturas en apoio da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) «Liberemos a Galega». O acto central terá lugar ás 17:00 horas en Santiago de Compostela, diante do Derby, onde participarán as portavoces da plataforma, Tereixa Navaza e Manuel Pampín.

A iniciativa denuncia o control político sobre os medios públicos de comunicación, como a TVG e a Radio Galega, e reclama que se garanta a súa independencia informativa por lei. A plataforma fai un chamamento á cidadanía galega para apoiar masivamente esta ILP.

O obxectivo principal é que a CRTVG cumpra cos seus fins fundacionais: promover a identidade, a lingua e a cultura galegas, asegurar o pluralismo ideolóxico, político, cultural e social, e promover activamente a igualdade. Para a plataforma, estas demandas son claves para o correcto funcionamento da democracia en Galicia.

Estas son as mesas instaladas hoxe martes:

  • Compostela: ACTO NACIONAL. 17.00 horas, no Derby.
  • A Coruña: Obelisco, 17:00 h
  • Ferrol: Praza de Armas, 17:00 h.
  • Carballo: esquina rúa Coruña coa rúa Desiderio Varela, 17:00 h
  • Ribeira: ás 17.00 h. na Praza Pablo Neruda.
  • Lugo: Rúa da Raiña ás 17.30h.
  • Viveiro: Praza Maior ás 18h.
  • Ribadeo: Catro rúas ás 18h.
  • Monforte: Cardenal ás 17 horas.
  • Ourense: rúa do Paseo ás 17h.
  • Carballiño: Rúa Curros Enríquez ás 18h.
  • O Barco : Praza do Concello ás 17 horas.
  • Verín: Praza do Concello ás 17.30h.
  • Pontevedra: praza da Peregrina ás 17 horas.
  • Vilagarcía: Praza de Galiza ás 17h.
  • Vigo: enfronte do mercado do Calvario, 17h.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad