A loita contra a invasión eólica continúa en Ourense

Concentración en Cartelle
Concentración en Cartelle

Veciñas e veciños de Cartelle, das comarcas de Celanova e O Ribeiro e activistas de Ourense concentráronse esta mañá na alameda de Cartelle -onde unha compañía de capital aragonés e madrileño ten en marcha un macroproxecto híbrido, de explotación eólica e fotovoltaica que supera os 50 Mw de potencia e pretende instalar, entre outras infraestruturas, aeroxeradores de 220 metros sobre o Coto Novelle- para denunciar que o anuncio, por parte da Xunta, dun novo plan eólico para Galiza «nace sendo unha absoluta fraude», porque «a súa finalidade non é planificar a implantación ordenada da eólica no país, senón reafirmar a vontade clara e inequívoca da Xunta de burlar as decisións xudiciais e esquivar as paralizacións cautelares de proxectos eólicos».

No marco dunha mobilización nacional convocada pola Coordinador Eólica Así NON, con concentracións este domingo en todo o país, os movementos sociais esixiron «suspender antes de calquera ordenación todo os proxectos eólicos e liñas de evacuación que se atopan en tramitación, ou que foron autorizados recentemente e non executados». E insistiron: «Unha nova planificación do sector terá que vir da man dunha necesaria moratoria eólica».

O anuncio de Rueda da nova ordenación «excluirá das mesas de diálogo social as organizacións ecoloxistas e a todas aquelas entidades veciñais e sindicais que somos críticas co espolio eólico do país. Isto non ten outro nome: chámase censura e represión», incidiron os convocantes na lectura dun manifesto en Cartelle, no que ademais pediron que «ás administracións públicas afronten a transición enerxética de Galiza desde o respecto escrupuloso dos principios democráticos e de participación pública«, e que sexa «unha transición enerxética social e territorialmente xusta«.

A mobilización en Cartelle, organizada polos colectivos Aira das Bestas, Afiando o vento, Amigas das Árbores de Ourense, Amigas das Cegoñas, Amigas da Terra, Asociación cultural e medioambiental Tarabelada, Asociación Cultural Follas Vivas Lois Antón de Ramirás, C.S. A Alvariça de Allariz, Ecologistas em ação Galego-Trasmontano, Movemento Ecoloxista da Limia, Plataforma comarcas Limia – Verín Non ás Minas, Salvemos A Serra Martiñá, Salvemos o Támega ADEGA Monterrei e Stop Eólicos A Limia Xurés Celanova, rendeu ademais unha homenaxe ao activista medioambiental Miguel Ángela Novoa Martínez, fundador do MEL falecido recentemente e un dos impulsores da loita contra a invasión eólica nas comarcas da Limia e Terrra de Celanova..

Pin It on Pinterest

Logo Ourense
Logo Ourense
Concentración en Cartelle
Concurso de Maios
Globos en Fiesta
Urgencias del CHUO
II Concentración de Coches Clásicos del Concello de Cartelle
Congreso del PP de A Bola
Festa da Faba de Celanova
Chistes malos de Leiras y el movil Lucas Xose 2024
Ourense punto com gris
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad