A Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense ratifica a candidatura á alcaldía para a moción de censura no Concello de Ourense de Natalia González

Natalia González PSOE
Natalia González

 A Comisión Executiva da Agrupación Municipal do PSdeG-PSOE en reunión extraordinaria celebrada no día de onte ratificou por aclamación a candidatura á Alcaldía para a moción de censura no Concello de Ourense de Natalia González, secretaria xeral de dita agrupación, voceira e edil do Grupo Municipal Socialista, trala proposta única do Grupo Municipal Socialista elevada á dirección local.

Dende a executiva sinalan que o PSOE é un partido de goberno e como tal están «dispostos a asumir a responsabilidade». Así mesmo, instan ao compromiso das tres formacións políticas para sacar adiante a cidade e á consolidación dun novo executivo no que, independentemente de quen forme parte del ou non, todos sexan igual de importantes, coa máxima lealdade e xenerosidade por parte de todos e todas xa que a base fundamental ten que ser o pacto por Ourense.

Os e as socialistas entenden que os compromisos recollidos e actualizados do ‘Pacto da Concordia’ contan co respaldo dos tres grupos municipais e serán incorporados ao documento definitivo de moción de censura que asinarán os 14 edís.

Neste senso, o PSdeG-PSOE agradece o respaldo e confianza do BNG a unha candidatura socialista á Alcaldía de Ourense na moción de censura.

O obxectivo é acadar un fito histórico, desbloquear a grave situación actual e recuperar a normalidade institucional no Concello, desde o máximo respecto a cada unha das organizacións que representamos ás demais.

«Estamos chamadas a ser exemplo de que a política é un instrumento útil para cambiar a vida da xente e que a cultura do diálogo e o consenso polo interese público, superando as nosas diferenzas, é o camiño para poder volver a confiar nun futuro mellor para a terceira cidade de Galicia», remata.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad