A Deputación presenta un orzamento récord de 105,1 millóns de euros para 2025

Diputación de Ourense y Progreso
Diputación de Ourense

O equipo de goberno de Luis Menor presentou hoxe na Comisión Especial de Contas, Facenda e Recursos Humanos o proxecto de orzamentos para 2025, que por primeira vez na historia da institución supera os cen millóns de euros. En concreto, a proposta económica alcanza os 105,1 millóns, cun incremento de 9.050.000 €, que supón un 9,42 % máis.

Trala posta en marcha o pasado ano, o Plan CooperOU figura cunha dotación íntegra para todo o exercicio: 18 millóns de euros, dos que 10,8 proceden do capítulo cuarto de transferencias correntes e o resto, 7,2 millóns do apartado sétimo de transferencias de capital.

No capítulo 2º, de gasto corrente, bens e servizos para o funcionamento da entidade, os orzamentos provinciais destinan case 25,8 M€ (25.798.370,58 €), un 10,79 % máis e un 24,40 % sobre o total do orzamento. Entre os principais apartados deste capítulo figuran preto de 8 M€ destinados a Medio Ambiente; 4,18 M€ a Vías e Obras, parque de maquinaria e cooperación; 3,3 M€ a Cultura; 1,2 a Benestar e case 1 millón a Deportes.

O capítulo IV, de transferencias correntes, está dotado con  21,7 millóns (21.746.707,69 €), un 3,28 % máis e un peso no conxunto do orzamento do 20,69 %. Cabe mencionar entre as partidas máis importantes os 3 M€ destinados aos GES e o Consorcio contra Incendios e de Salvamento; 2,4 M€ para o Inorde; 2,3 M€ para acción social con concellos (SAF) e entidades; e 1,16 M€ para fomento do deporte, ademais dos 10,8 M€ xa citados para o Plan CooperOU.

Polo que respecta ao capítulo VI, de investimentos, consígnanse case 9,9 M€ (9.885.921,73). Destacan as partidas dirixidas a augas e medio ambiente, con 3,2 M€; vías provinciais con 4,5 M€ (neste exercicio era de 1,5 M€); 680.000 euros para o parque móbil e de maquinaria; e 756.000 para cultura e deporte.

No capítulo 7, transferencias de capital, hai que subliñar que a totalidade dos recursos, é dicir 7.240.000 €, van destinados ao Plan CooperOU.

O capítulo primeiro, correspondente a persoal, ten asignada a maior partida económica con máis de 39,8 M€ (39.829.000 €), o que supón un peso do 37,90 % sobre o conxunto do proxecto económico para 2025. O incremento nesta partida será de 1,3 M€ (3,45 %), motivado fundamentalmente pola aplicación das actualizacións salariais dos empregados públicos aprobada polo goberno central.

Compre sinalar que 16,52 M€ (o 41 % do orzamento do capítulo primeiro) corresponden ao persoal adscrito aos servizos de vías e obras e do parque de maquinaria (11,3 M€); recollida de lixo (4,4 M€); e zonas verdes (829.732 €). Trátase precisamente dos tres servizos que diferencian á Deputación de Ourense do resto de institucións provinciais galegas, xa que estes traballos non están externalizados, prestándose no caso ourensán baixo xestión pública directa.

Con todo, a cantidade que suman os capítulos 1º e 2º do orzamento de 2025 representa unha redución do 2,02 % con respecto ao presente exercicio: 64,32 % este ano fronte o 62,30 % para o próximo. 

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad