A Deputación conmemora o Día Mundial da Auga situándose á vangarda da eficiencia hidráulica, coa instalación completada de preto de 9.000 contadores intelixentes

Diputación Provincial de Ourense

A Deputación de Ourense avanza no proxecto «OU-intelixente» para aumentar a eficiencia dos servizos hidráulicos na provincia coa dixitalización dos mesmos. Deste xeito, o programa liderado pola Deputación, a través da empresa mixta AquaOurense (formada pola propia institución provincial e Viaqua), xa ten completada  a instalación de preto de 9.000 contadores intelixentes na provincia. Con motivo do Día Mundial da Auga, que se conmemora hoxe, a institución ourensá súmase a reivindicación do coidado e protección dun recurso básico como é a auga.

O proxecto «OU-intelixente» avanza no ritmo previsto para o primeiro trimestre de 2025, no que se reforzaron os equipos de traballo da área de Medio Ambiente da Deputación, e que seguirán ampliándose no seguinte trimestre, para acadar o obxectivo final de instalar 65.000 contadores intelixentes na provincia. 

No actual balance de instalación destes contadores, que permite aos concellos aplicar as últimas tecnoloxías en tratamento e control de auga, a área de Medio Ambiente acada preto de 9.000 contadores intelixentes instalados en diferentes concellos.

Balance por concellos

Por municipios, os traballos da implantación da telelectura comezaron no mes de decembro do ano 2024 no Barco de Valdeorras, cun parque de contadores de 8.085 unidades, onde actualmente o 73% xa foi renovado.

En Cualedro xa se acadou o 100% dos 799 contadores comprometidos; no municipio da A Mezquita, con 692 contadores faltan apenas o 17% por renovar; Larouco, con 546 contadores, precisa soamente do 15% das unidades para o seu remate; O Bolo, con 151 contadores; réstalle o 18% por instalar e Vilamartín de Valdeorras, con 1.260 contadores, ten o 44 % pendente.

Os equipos traballaron durante esta semana en A Gudiña, con 532 contadores, onde se avanza segundo a previsión.

Co ritmo actual de traballo, grazas ao reforzo dos equipos, a área de Medio Ambiente acada o 18% das instalacións previstas para o primeiro trimestre na provincia. 

A previsión é que ao longo dos próximos meses o volume de contadores instalados aumente progresivamente, chegando a cifra das 27.000 unidades en xuño e así acadar o 41% do total do proxecto.

Ferramentas dixitais para os concellos do rural

A automatización do ciclo da auga dota aos concellos de ferramentas dixitais grazas á cooperación institucional, permitíndolle o acceso a servizos que xestionados de maneira directa sería moi difícil conseguir, especialmente para os concellos máis pequenos.

O obxectivo é que os 81 concellos adheridos ao proxecto OU-intelixente non só poidan beneficiarse da instalación dos contadores, senón que tamén conten coa dixitalización dos sistemas de abastecemento e depuración.

«OU-intelixente» foi a segunda mellor proposta de España e a primeira de Galicia para dixitalizar a xestión do ciclo da auga na convocatoria dos Fondos Next Generation asociada ao PERTE de dixitalización da auga do Ministerio para a Transición Ecolóxica do Reto Demográfico (MITECO). Este logro supón contar con 7,75 millóns de euros para aplicar as últimas tecnoloxías ao tratamento e control dun recurso básico e estratéxico como é a auga, asumindo a Deputación o 42,52% do financiamento total (5,73 millóns de euros).

Entre os obxectivos concretos do proxecto tamén se inclúe a creación dun centro dixital para a xestión integral da operativa da auga; a implantación dun hub tecnolóxico onde integrar datos e realizar predicións grazas ao Big Data e Intelixencia Artificial, converténdoo nun lugar aberto á cidadanía e un espazo de co-creación co ecosistema emprendedor da provincia.

 Novo Centro Intelixente para a Xestión Provincial da Agua – Aqua-OU

No marco do compromiso da Deputación de Ourense co medio ambiente e cun recurso básico como o da auga, impúlsase un Centro Intelixente para a Xestión Provincial da Auga -AquaOU-, que centralizará a xestión operativa e ofrecerá un espazo aberto á cidadanía para que poidan coñecer de primeira man esta xestión da información e poñer así en valor a importancia dunha xestión eficiente e sostible do recurso hídrico en Ourense. 

Outro gran avance é o proxecto Ruagua, iniciativa centrada na reutilización da auga rexenerada, impulsada polo Consorcio de Augas de Valdeorras, AquaOurense e Cetaqua.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad