
Delegados e delegadas da CIG-Industria mobilizáronse hoxe martes pola tarde diante da sede da Confederación Empresarial de Ourense (CEO) para esixir un convenio colectivo digno no sector do siderometal. A protesta, chega tras a última oferta da patronal, que non contempla ningunha suba salarial e supón unha perda de dereitos os traballadores.
O persoal decidiu iniciar mobilizacións tras unha asemblea na que denunciaron a proposta empresarial como “moi lesiva”. Durante a concentración, reclamaron unha revisión salarial xusta e rexeitaron medidas como a bolsa horaria ou o novo período de proba, que empeorarían permisos e licenzas. A CIG-Industria critica que a patronal condicione calquera mellora salarial á aceptación das súas esixencias.