O Colectivo de Xubilados e Pensionistas da CIG anunciou protestas semanais en defensa das pensións públicas, comezando estas concentracións o próximo 28 de xaneiro. Estas mobilizacións, que coincidirán cos Consellos de Ministros, esixen a revalorización das prestacións segundo o IPC e o incremento do 2,8% bloqueado no Congreso por PP, VOX e Junts.
A provincia de Ourense, coas pensións máis baixas de España, tamén participará destas protestas destas protestas. A primeira será o 28 de xaneiro ás 12:00 horas na Rúa do Paseo, diante do Edificio Tomás y Valiente.