O próximo luns, 2 de maio, a Xunta de Galicia e a Confederación Empresarial de Ourense organizan en Verín unha xornada informativa para presentar as novas axudas públicas Innova Peme e Deseña Peme da Axencia Galega de Innovación dirixidas ás empresas. A cita terá lugar ás 12:30 no salón de actos da Casa da Cultura de Verín en formato híbrido (presencial e online).
Este encontro contará coas intervencións de Gerardo Seoane, alcalde do Concello de Verín, Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Marisol Novoa, presidenta da CEO, así como directora e técnica da área de servizos de GAIN, Patricia Fernández e Patricia López respectivamente.
A convocatoria de Verín é a única na provincia que fará este organismo para explicar con detalle as axudas e oportunidades que a innovación ofrece ás empresas e como realizar a súa implantación; e aínda que é posible a conexión online, a presencia no acto dará a oportunidade aos asistentes de facer networking cos responsables da axencia, consultas in situ, recibir asesoramento individual trala exposición das axudas e coñecer casos concretos de empresas que xa participaron e implantaron estas axudas.
Acto -> Xornada híbrida para presentar as axudas da Axencia Galega de Innovación – GAIN
Lugar -> Salón de actos da Casa da Cultura de Verín e modalidade online
Data e hora -> luns, 2 de maio – 12:30 horas
Interveñen:
Gerardo Seoane, alcalde de Verín
Patricia Argerey, directora de GAIN
Marisol Novoa, presidenta Confederación Empresarial de Ourense
Patricia Fernández, directora área servizos GAIN
Patricia López, técnica área servizos GAIN