A Alcaldía de Ourense non acudirá actos organizados pola Xunta

A Alcaldía de Ourense non volverá asistir aos actos organizados pola Xunta de Galicia, agás naqueles nos que o Concello sexa parte directamente implicada. Así o anunciou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen explica que toma esta decisión á vista da “discriminación” dos máximos representantes do Concello nos últimos actos institucionais organizados pola Xunta de Galicia. En consecuencia, nin o alcalde nin o tenente de alcalde volverán asistir a estes actos.

Concello de Ourense
Concello de Ourense

Gonzalo Jácome expresou no día de onte a súa queixa formal tras asistir, en representación do Concello, ao acto de entrega das Medallas de Galicia que se desenvolveu en Santiago de Compostela. Neste evento, foi situado na filas filas traseiras do acto, moi lonxe das primeiras filas que, por motivos de protocolo, lle corresponderían ao rexedor da terceira cidade de Galicia. Concretamente, foi sentado na fila número 14 das 22 que había, dentro da zona secundaria (había 2 zonas de 11 filas cada unha, separadas por un corredor, e o alcalde foi situado na segunda delas)

“É unha discriminación constante que reflicte a discriminación de Ourense. Non teñen en consideración ao alcalde nin á cidade”

Gonzalo Pérez Jácome

Esta “tomadura de pelo”, explica o alcalde, “non é algo puntual, senón un modus operandi que se está volvendo habitual nos actos da Xunta de Galicia: relegar a representación do Concello de Ourense”, e cita tres exemplos.

Na toma de posesión de Alfonso Rueda como presidente da Xunta de Galicia, o tenente de alcalde do Concello de Ourense, Armando Ojea, que acudía ao acto en representación do alcalde, foi situado xunto ao ex alcalde Manuel Cabezas. Un feito no que Gonzalo Jácome aprecia un “sesgo de partido político nun acto da Xunta: poñer a un tenente de alcalde á altura dun ex alcalde e futuro candidato é algo inaudito”.

Amais, nun recente acto organizado pola Xunta de Galicia no Teatro Principal, o tenente de alcalde foi situado por detrás de dous concelleiros do grupo municipal do PP no Concello, pese a que o tenente de alcalde era quen acudía ao evento en representación do alcalde.

A estes feitos uniuse o de onte na entrega das Medallas de Galicia en Santiago de Compostela, no que o alcalde de Ourense foi situado nas filas traseiras, lonxe das principais que lle correspondería ao representante da terceira cidade de Galicia. “É unha discriminación constante, e sería unha tomadura de pelo aceptar estas discriminacións, que reflicten a discriminación de Ourense e amosan que Ourense é a Cenicienta de Galicia. Non teñen en consideración ao alcalde nin á cidade de Ourense”, conclúe Gonzalo Jácome.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad