222 persoas melloraron as competencias profesionais grazas a cursos do Centro Empresarial Transfronteirizo

Concello de Barbadás
Concello de Barbadás

A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Formación do Concello de Barbadás culminou o ano 2024 cumprindo amplamente o obxectivo de fomentar a inserción laboral no marco socioeconómico actual. Ao longo do ano, a Área de Formación do CET Barbadás organizou 14 accións formativas que beneficiaron a 222 participantes, combinando teoría e práctica para mellorar as competencias profesionais.

Prioridade aos colectivos máis vulnerables

As actividades formativas enfocáronse principalmente en persoas desempregadas, maiores, mulleres e colectivos en risco de exclusión social. Cunha participación do 53,6% de mulleres, destacouse a súa inserción en sectores tradicionalmente masculinizados. Ademais, apostouse por reducir a fenda dixital na poboación rural mediante programas de aprendizaxe en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios.

Accións formativas destacadas

Entre os cursos e talleres realizados ao longo do 2024, destacan:

Taller ExpertClick e Obradoiro de Apps para maiores de 55 anos: Programas dirixidos a mellorar a independencia dixital, ensinando dende a banca online ata o uso de aplicacións móbiles.
Curso de manipulación de alimentos: Tres edicións para cubrir a alta demanda nos sectores de hostalería e alimentación.
Cursos profesionalizantes: Como operador/a de carretilla elevadora e plataforma elevadora, con múltiples edicións pola gran demanda.

Cursos de coidados básicos a persoas dependentes e cursos de cociña creativa, apostando pola formación práctica e innovadora.

Alta demanda e continuidade en 2025

As actividades formativas tiveron unha excelente acollida, con listas de espera en varios cursos. Por este motivo, o concelleiro de Promoción Econónica, José Manuel Morgade, salienta que “o fundamental que perseguimos para este novo ano é continuar dando unha formación que lle sirva a os participantes para a mellora do seu desenrolo profesional ou, de ser o caso que se trate de persoas desempregadas, que poidan atopar un emprego despois de recibir esta formación”. De feito, según os datos que manexa o propio concelleiro, en cursos como os de carretilleiros, “a porcentaxe de ocupación aproxímase ao 100%”. De cara a este ano, a formación impartida polo CET, avanza Morgade, afondará tamén na dixitalizacón e na especialización profesional.
Os resultados o ano pasado confirman que o Centro de Emprego e Tecnoloxía (CET) Barbadás consolidouse como un referente na formación orientada ao emprego, destacando pola súa capacidade de adaptación ás necesidades do mercado laboral e pola inclusión de colectivos vulnerables.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad