Se hai un grupo galego abonado á festividade máis terrorífica do ano, ese é sen dúbida Broken Peach. Pasaron xa sete anos da súa exitosa versión de This is Halloween, grazas á cal se coaron de forma inesperada nas pantallas de millóns de espectarores de todo o mundo. Desde aquela e ata o de agora, a particular receita composta por enxeñosas adaptacións, un icónico maquillaxe e o seu espectacular estilismo seguiron calando fondo nas redes sociais.
Fieis a esta cita, Broken Peach lanzouse a facer unha versión Don’t You Want Me, dos británicos The Human League. Aínda que recorren de novo ao pop electrónico dos 80, sorprenden esta vez coa volta de torca na indiosincrasia «halloweenense». E é que esta nova adaptación foxe dos clichés máis evidentes da festividade, apostando por un concepto visual moito máis moderno, minimalista e dunha plasticidade cativadora.
Desta guisa, utilizaron como estudio una das vistosas salas do MIHL (Museo Interactivo da Historia de Lugo) na cal a banda nos mostra unha especie de temible lexión mitológica desmadrándose nun ambiente retrofuturista.
Co novo órdago lanzado, os vigueses xa cultivaron a friorenta de 500.000 visitas en apenas uns días e todo apunta a un novo «melocotonazo» da banda.