Cada 17 de Maio, Galicia celebra o día grande das súas letras. Neste ano 2022 o Día das Letras Galegas está adicado ó escritor valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán.
Nado en 1.903 no concello de Vilamartín de Valdeorras, falecía no ano 1987 en California, donde residía. O seu primeiro libro «Bebedeiras» escribiuno mentres traballaba nun bufete, obra que adicou a súa comarca no ano 1934.
Ademáis de escritor, foi un gran activista político, o que o levou a ingresar en 1933 como militante no Partido Galeguista. No 1936 coa chegada de Franco, tivo que fuxir a Francia logo de pasar por Portugal. En 1940 partiu no buque «Ipanema» xunto con case mil refuxiados políticos españois ao seu exilio en México, país que lle otorgaría a nacionalidad. O seu amor pola súa terra seguía patente nas súas accións, participando activamente nas actividades promovidas polo Padroado da Cultura Galega de México.
En 1981 fixo a súa terceira e última visita a Galicia, sendo nomeado membro correspondente da Real Academia Galega de México.
Entre as súas obras destacan «Cancioneiro da loita galega», «Galicia infinda», «Catarenas» e «O Soño do guieiro»