CCOO lamenta que no mes de setembro aumente o desemprego aínda que sexa de maneira habitual

Oficina de empleo en el Posío
Oficina de Emprego

Para CCOO os datos de desemprego do mes de setembro publicados hoxe polo SEPE van na liña da estacionalidade. Setembro de maneira habitual adoita ser un mal mes para o desemprego polo final da campaña de verao.

Setembro remata con 14.692 persoas desempregadas (291 mulleres e 113 homes), na senda dos últimos meses. Sendo unha das cifras máis baixas dos últimos anos aínda temos 404 persoas desempregadas máis que no mes pasado. Con todo o paro descende en 539 persoas con repecto a setembro de 2023.

É o sector servizos o que máis incrementa o desemprego con 249 persoas máis (190 mulleres e 59 homes), seguido do colectivo sen emprego anterior con 97 (71 mulleres e 26 homes), da agricultura con 32 (12 mulleres e 20 homes) e da industria con 36 (18 mulleres e 18 homes). No único sector que descende é na construcción con -10, sendo todos eles homes.

Neste mes de setembro formalizáronse 6.362 contratos, 1.128 máis que no mes anterior.

A temporalidade volve a situarse no 66%.

A Secretaria Xeral, Ana Barrios, apunta que os datos son negativos polo incremento do desemprego feminino. .A situación acrecenta a fenda das mulleres no mercado laboral ourensá. Son elas as que ademáis sofren a maior precariedade. É o sector servizos o que máis acusa este desaxuste debido a súa gran feminización.

Apunta que a redución do paro ten que seguir sendo o obxectivo das políticas económicas de todas as administracións, locais, autonómicas e nacionais para chegar ao pleno emprego. É necesario dar resposta á desigualdade das mulleres no mercado laboral ourensá e galego cun plan de emprego específico.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad