O domingo 29 de setembro, Ourense será escenario dunha andaina benéfica en apoio ás asociacións Auria (de persoas diabéticas) e ALCER Ourense (asociación de loita contra as enfermidades renais). A actividade, que comezará ás 11:00 horas desde a Alameda de Ourense, seguirá o río Barbaña ata Seixalbo. Alí, no bar Cento 5, ofrecerase un tentempé e realizarase un sorteo de agasallos.
Os participantes poderán decidir se regresan á Alameda ou finalizan o percorrido en Seixalbo. As inscricións, cun custo de 5 €, poden formalizarse nas sedes das asociacións, a través de Bizum ou o propio día do evento na mesa de inscricións xunto ao Obispado, na Praza do Bispo Cesáreo, 15 minutos antes da saída.
Ademais, por 2 €, poderán adquirirse rifas para o sorteo, cuxos números gañadores serán anunciados nas redes sociais das entidades. Este evento busca promover a saúde e a solidariedade entre a cidadanía ourensá.