Itziar Manso proclamouse campiona galega absoluta de campo a través no circuíto do Aguillón, na Rúa. Venceu cun tempo de 31:41 a Sara Castillo do Corredoiras e a Sandra Mosquera do Comesaña. Begoña Domínguez levou a medalla de chocolate ao rematar en cuarta posición. Estes dous postos xunto co undécimo de Uxía Rodríguez e o cuadraxésimo primeiro de Isabel Rodríguez valéronlle ao combinado feminino para obter a terceira praza en categoría absoluta.
Leyla Villar rematou en terceira posición na categoría sub20. Cos sub18 non tocamos podio individual, malia que Mario Lorenzo quedou na cuarta posición a trece segundos do terceiro posto. A nivel de club foi diferente, xa que o equipo feminino consegiu a segunda praza co sexto posto de Susana Padrón, o sétimo de Irma Veiguela, oitavo de Naroa Pereira, vixésimo de Mariela Quijano e o vixésimo segundo de Aloia Sabucedo.
Na categoría sub16 participou o equipo feminino, que rematou na sétima posición, sendo Claudia Pérez a mellor clasificada do noso club coa súa vixésima posición.